InicioEconomíaA crise do coronavirus pon en alerta a PSA

A crise do coronavirus pon en alerta a PSA

O presidente do Grupo, Carlos Tavares, asegurou que o consorcio automobilístico francés dispón aínda dos compoñentes necesarios para producir nas súas plantas de Europa e subliñou que a compañía realiza un "intenso" seguimento da enfermidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Grupo PSA, Carlos Tavares, asegurou que o consorcio automobilístico francés dispón aínda dos compoñentes necesarios para producir nas súas plantas de Europa a pesar do brote de coronavirus, aínda que subliñou que a compañía realiza un “intenso” seguimento da enfermidade.

Nunha conferencia de prensa con xornalistas de todo o mundo, convocada tras a suspensión do Salón Internacional do Automóbil de Xenebra pola expansión do virus, Tavares destacou que o Covid-19 é un problema que ten impacto en “toda a industria” e non só en PSA.

Así mesmo, insistiu en que só entre un 3% e un 4% das compoñentes do grupo provén de China, onde asegurou que as autoridades locais permitirán que a partir do próximo 11 de marzo se renove a actividade nas fábricas da provincia de Hubei.

Neste sentido, subliñou que as plantas europeas continúan traballando para manter un alto nivel de produción para garantir as entregas aos clientes, a pesar de que tiveron que buscar solucións para axilizar a chegada dos compoñentes, como o uso de avións para o seu transporte.

“Non queremos depender estratexicamente dos nosos provedores asiáticos”, destacou Tavares, polo que subliñou a importancia da creación dun provedor europeo de baterías para modelos electrificados para non depender só dunha fonte de subministración.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...