InicioEconomíaAbel Caballero critica que o Estado defenda a Audasa no xuízo polo...

Abel Caballero critica que o Estado defenda a Audasa no xuízo polo cobro das peaxes mentres facía obras

Denuncia que a Avogacía do Estado se teña personado na causa polo cobro de peaxes durante as obras na AP-9.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, reprobou a personación da Avogacía do Estado no procedemento ordinario iniciado por mor da demanda colectiva presentada pola Fiscalía de Pontevedra polo cobro de peaxes realizado durante a execución das obras de ampliación da AP-9.

Preguntado tras unha rolda de prensa celebrada en Vigo, Abel Caballero sinalou que, na súa opinión, a Avogacía do Estado “está a equivocarse seriamente” ao personarse na causa. “A cuestión (que se dirimirá no xuízo) non é que os cidadáns teñamos que soportar os inconvenientes dunha obra”, apuntou, “a cuestión é que aínda encima nos cobraban”, manifestou en alusión ao feito de que non se eliminase o pago das peaxes durante as retencións que tiveron lugar no marco das obras de ampliación da ponte de Rande.

Ante esta situación, o rexedor olívico asegurou que comparte a posición da Fiscalía de Pontevedra, á que adheriron grupos de afectados, e “algúns xurídicos”, xa que, ao seu xuízo, os usuarios da vía “non tiñan que pagar (as peaxes) eses días de terribles atascos”. Deste xeito, Abel Caballero asegurou que a posición que comparte busca “defender aos cidadáns”.

En concreto, segundo puido saber Europa Press, a Avogacía do Estado presentou unha solicitude para personarse na causa que foi sido aceptada polo xulgado. Mentres, a Fiscalía recorreu esta decisión ao entender que a causa se refire soamente á “explotación comercial da infraestrutura”.

Pola súa banda, a asociación de afectados polo cobro das peaxes durante as obras En-Colectivo criticou que a solicitude de personación se presentara a “escasos días” do inicio do xuízo, que se celebrará entre o 11 e o 13 de febreiro en Pontevedra. Ademais, reprobou que o Goberno defendese que Audasa “cumpriu como concesionaria, non vulnerando norma algunha de contratación pública” durante a realización das obras (que tiveron lugar entre 2015 e 2018).

BNG

Tamén o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama explicacións ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, tras personarse a Avogacía do Estado na causa polo cobro de peaxes na AP-9. Os nacionalistas denuncian que “non están a defender os dereitos dos usuarios prexudicados polas continuas retencións derivada das obras de ampliación”, pero “si” os intereses económicos de Audasa, empresa concesionaria.

Por iso, reclamou explicacións ante a “repentina solicitude” de intervención na causa e rexeitou o posicionamento “en defensa da empresa polo cobro de tarifas indebidamente cobradas durante as obras” e transcorrido máis dun ano desde o inicio do procedemento xudicial.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...