InicioEconomíaAs zonas francas de Vigo e Barcelona exploran novas vías de cooperación

As zonas francas de Vigo e Barcelona exploran novas vías de cooperación

Ambos os delegados celebran que poida conformarse un novo goberno no Estado.

PUBLICADO O

Os delegados das zonas francas de Vigo e Barcelona, David Regades e Pere Navarro, trasladaron este mércores a súa intención de apontoar alianzas e reforzar a súa cooperación futura, tal e como trasladaron tras manter unha reunión de traballo na cidade olívica.

Tras o encontro, o delegado do Estado na Zona Franca de Vigo lembrou que, nos últimos 15 meses, ambos os organismos xa foron capaces de colaborar na posta en marcha dunha ferramenta tecnolóxica para axilizar os trámites aduaneiros.

No futuro, subliñou David Regades, as zonas francas fortalecerán a súa colaboración en ámbitos como a economía sustentable, o apoio á industria (especificamente na área da automoción) ou os obxectivos de desenvolvemento sustentable.

Pere Navarro, pola súa banda, subliñou o papel das zonas francas de Vigo e Barcelona como “motores impulsores de novas oportunidades” e “punta de lanza” no desenvolvemento económico do territorio.

Entre as vías de colaboración, o delegado do organismo catalán apuntou a posibles intercambios nas aceleradoras de empresas, así como na presenza de ambas as zonas francas en feiras e eventos.

NOVO GOBERNO

Finalmente, cuestionados ambos os delegados sobre a investidura e a conformación do novo Goberno de España, celebraron o fin da situación de interinidade no Executivo.

Regades apuntou que é “moi necesario” un novo goberno para poder avanzar en iniciativas como a oferta para acoller en Vigo unha planta de baterías, ou o desenvolvemento de chan industrial.

Pere Navarro, pola súa banda, sinalou que as zonas francas deben ser “espazos de consenso político, económico e social”, e valorou que o presidente Pedro Sánchez e o seu Goberno son “especialmente sensibles” coa axenda 2030 e cos obxectivos de desenvolvemento sustentable, que estes organismos estatais teñen no seu horizonte.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...