InicioEconomíaO Campus do Mar liderará un centro europeo sobre coñecemento marítimo

O Campus do Mar liderará un centro europeo sobre coñecemento marítimo

Dirixirá o centro europeo MarENeT (Atlantico Maritime Ecosystem Network), iniciativa para fortalecer a cooperación entre as institucións académicas e as empresas do ámbito marítimo.

PUBLICADO O

O Campus do Mar da Universidade de Vigo liderará o centro europeo MarENeT (Atlantico Maritime Ecosystem Network), unha iniciativa encamiñada a fortalecer a cooperación entre as institucións académicas e as empresas do ámbito marítimo, no marco da chamada ‘economía azul’.

O MarENeT é un proxecto coordinado polo profesor Daniel Rey, cunha duración de 24 meses e que conta cun orzamento total de case 870.000 euros (dos que gran parte son financiados pola UE, a través do Fondo Marítimo e de Pesca, na súa convocatoria ‘Blue Economy).

Esta iniciativa pretende pór en marcha unha rede que ofreza unha visión xeral e actualizada das necesidades formativas e as demandas da industria marítima e portuaria na conca atlántica. Así, formarán parte desa rede centros de formación e empresas vinculadas á construción naval, loxística de portos e pesca.

MarENeT encargarase de desenvolver códigos de boas prácticas e novas ferramentas para potenciar a colaboración entre os diferentes axentes, e para identificar propostas innovadoras en cada rexión.

Para facer realidade o proxecto, liderado por Campus do Mar, creouse un consorcio de 8 socios: a Asociación Clúster do Naval de Galicia (Aclunaga), o Instituto para o Crecemento Sustentable da Empresa (ICSEM), a Autoridade Portuaria de Vigo, o Cork Institute of Technology e o Marine Institute-Irish Maritime Development Office (ambos en Irlanda), e a Universidade da Rochelle de Francia.

Un dos principais obxectivos de MarENeT é pór en marcha un centro de coñecemento marítimo, que axudará á promoción de emprego neste sector e a mellorar os programas de capacitación. Para iso, entre outras ferramentas, habilitarase unha plataforma ‘en liña’ para dar soporte ao intercambio de información entre os socios, e para promover accións formativas.

Así, actualizaranse e implementarán programas educativos para formar operadores de lonxa e estibadores, administradores de loxística, ou expertos en lexislación marítima e portuaria.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...