InicioEconomíaBarreras solicita a súa disolución nun xulgado

Barreras solicita a súa disolución nun xulgado

O estaleiro atópase desde o pasado mes de outubro en preconcurso de acredores.

PUBLICADO O

O Consello de Administración de Hijos de J. Barreras solicitou este martes no Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, a disolución xudicial da sociedade do estaleiro e a suspensión do procedemento e outras peticións subsidiarias á suspensión interesada.

Tal e como trasladaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a solicitude realizouse ao amparo da lei de sociedades de capital e da lei de xurisdición voluntaria.

Segundo recolle a Lei 15/2015, de 2 de xullo, da Xurisdición Voluntaria, a continuación, o secretario xudicial deberá citar aos administradores e outros interesados que “haxan de intervir no expediente”. Finalmente, o xuíz resolverá nun auto o expediente no prazo de cinco días desde a finalización da comparecencia. Se se declara a disolución xudicial da sociedade designarase aos liquidadores no propio auto.

Esta situación prodúcese despois de que transcendese que o armador Ritz Carlton chegara a un acordo cos propietarios do 75 por cento do capital (PMI, filial da petroleira mexicana Pemex, e o grupo Albacora) para controlar o estaleiro.

Ademais, mostrouse disposto a achegar entre 50 e 60 millóns de euros para cubrir o sobrecusto do cruceiro que se atopa en construción nas instalacións da empresa na cidade olívica.

Mentres, o estaleiro atópase desde o pasado mes de outubro en preconcurso de acredores, despois de que o Xulgado do Mercantil o admitise.

A empresa poderá negociar cos seus acredores ata febreiro para evitar a situación concursal, que non inflúe no proceso da disolución da sociedade.

Por outra banda, a Confederación Intersindical Galega (CIG) celebrou unha nova concentración na que participaron empregados e delegados sindicais fronte ás instalacións do estaleiro vigués.

Deste xeito, reclamaron unha solución á crise da empresa que permita o mantemento dos postos de traballo e que a Xunta asuma o control de Barreiras.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...