InicioEconomíaDesde a Zona Franca apostan por un desenvolvemento "sustentable e inclusivo" para...

Desde a Zona Franca apostan por un desenvolvemento “sustentable e inclusivo” para as mulleres

O delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades presentou un programa para poder levar a cabo accións e programas que realmente respondan as necesidades e rompan as barreiras actuais.

PUBLICADO O

O delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, inaugurou este martes nas oficinas de Bouzas a terceira mesa de traballo enmarcada dentro do Programa Mulleres Conselleiras de Galicia, onde apostou por dar prioridade a todos aqueles factores que conflúan nun desenvolvemento “sustentable e inclusivo” para a Comunidade.

O programa, que contou coa participación de dez mulleres e homes de ampla traxectoria e experiencia nos consellos de administración e órganos de decisión, naceu para impulsar e visibilizar o papel da muller nos órganos de goberno das empresas galegas. Esta primeira fase, cuxa duración se estenderá ao longo dun ano, persegue obxectivos como identificar barreiras, elaborar un diagnóstico real e analizar casos de éxito, entre outros.

Neste sentido, Regades apuntou que as opinións vertidas polo panel de expertos serán “fundamentais” para poder levar a cabo accións e programas que realmente respondan as necesidades e rompan as barreiras actuais para alcanzar unha maior participación das mulleres nos máximos órganos de decisión nas empresas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...