InicioEconomíaAs auxiliares acredoras de Barreras buscan entrar no capital social do estaleiro...

As auxiliares acredoras de Barreras buscan entrar no capital social do estaleiro mediante a creación dunha sociedade

Este paso é unha condición previa á posible toma de control de Barreras, e xa fora anunciado cando a plataforma avanzou a súa intención de tomar posicións para "ter voz e voto" na empresa.

PUBLICADO O

A plataforma de empresas auxiliares acredoras de Fillos de J. Barreras constituíuse este venres nunha sociedade mercantil, Unión de Industrias Navais Ría de Vigo, S.L., para ter personalidade xurídica que lle permita formalizar acordos de cara á entrada no capital do estaleiro.

Este paso é unha condición previa á posible toma de control de Barreras (ben adquirindo accións ou cesión de dereitos que lles permitan tomar decisións no estaleiro), e xa fora anunciado cando a plataforma avanzou a súa intención de tomar posicións para “ter voz e voto” na empresa.

Nesta nova sociedade están presentes a maior parte das empresas que forman parte da plataforma de acredoras (máis dunha trintena) e o Consello de Administración estará formado por: Enxeñaría Montaxes Norte, SA (IMSA); Pipeworks, SL; Cedval Marine Solutions, SL; Irontec, Industria Naval SA; Carpintaría Amoedo, SL (Nauteka); Montaxes Cancelas SL; Montaxes Irmáns Ramallo SL; e un secretario non conselleiro, que será o letrado asesor Alberto Rocha.

Rocha explicou, nun comunicado remitido aos medios, que esa sociedade “ten como principal obxectivo contar cunha entidade con personalidade xurídica propia, que sirva para formalizar os acordos que se están negociando, en relación coa entrada das empresas auxiliares no capital de Fillos de J. Barreras, ben sexa por compra ou por subscrición de accións, a cambio dunha parte dos seus dereitos de crédito”.

ENTRAR NO CAPITAL E FINALIZAR OS PROXECTOS

Pola súa banda, o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, sinalou que a intención “fundamental” é “adquirir participación no consello de administración, entrar no capital social do estaleiro e posteriormente finalizar os proxectos contratados polo mesmo”.

“O que queremos é unha solución, e esta que ofrecemos permitiría por unha banda ter uns accionistas con coñecemento total da construción que se está levando a cabo, e por outro capitalizar débeda que agora mesmo é moi alta e pode xerar unha grave crise na industria galega”, engadiu.

Así mesmo, Mallón referiuse á liña de axudas para a industria auxiliar anunciada pola Xunta de Galicia, que valorou como “un instrumento absolutamente necesario e adecuado”, á vez que reclamou “que sexa áxil e que dea resposta inmediata ás necesidades de financiamento e contención da débeda contraída coa industria auxiliar”.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...