InicioEconomíaA Universidade de Vigo paga con 2,6 millóns parte da súa débeda...

A Universidade de Vigo paga con 2,6 millóns parte da súa débeda do IBI co Concello e fraccionará o resto

A Universidade de Vigo abonou 2,6 millóns de euros ao Concello olívico, correspondentes aos Impostos sobre Bens Inmobles dos anos 2010, 2011, 2012 e 2013, e fraccionará o pago do resto da débeda.

PUBLICADO O

A Universidade de Vigo abonou 2,6 millóns de euros ao Concello olívico, correspondentes aos Impostos sobre Bens Inmobles dos anos 2010, 2011, 2012 e 2013, e fraccionará o pago do resto da débeda.

Así o trasladou o alcalde Abel Caballero, quen lembrou que o contencioso entre a administración municipal e a institución académica polo pago deste imposto se resolveu nos tribunais a favor do Concello.

Agora, a Universidade de Vigo fixo efectivo o pago dunha parte da débeda, un pago que “se puido facer antes, pero o anterior reitor (Salustiano Mato) non quixo”, segundo o alcalde. O resto da débeda fraccionarase e pagarase no próximos dez anos.

Deste xeito, a UVigo deixa de ser debedora do Concello, e poderá recibir axudas da administración local, segundo sinalou Caballero. De feito, apuntou que hai “máis de 300.000 euros” nos orzamentos deste ano consignados para axudas aos estudantes universitarios, e xa se poden pór a disposición da Universidade.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...