InicioEconomíaO Concello de Vigo licita os accesos á futura estación do AVE...

O Concello de Vigo licita os accesos á futura estación do AVE desde a AP-9 por 11,8 millóns de euros

PUBLICADO O

A xunta de goberno local do Concello de Vigo aprobou a licitación dos accesos da futura estación do AVE desde a rúa Lepanto e ata a AP-9 por máis de 11,8 millóns de euros, dos cales Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) pagará o 75% (case 8,8 millóns), mentres que o Concello de Vigo apotará 2,5 millóns e a Xunta, máis de medio millón de euros.

Así o indicou este luns o alcalde, Abel Caballero, quen asegurou que esta “grande obra”, que conectará Lepanto coa estación e a autoestrada, contará cun túnel (onde o a actualidade hai unha ponte).

Con todo, Caballero aproveitou esta licitación para cargar contra a Xunta, xa que, segundo el, se trata dun dato “moi significativo” que a “inmensa maioría” desta obra (un 95,4%) a pagarán Adif e o Concello.

Ademais, a licitación, adxudicación e dirección da mesma está a cargo do Concello, xa que o Ministerio de Fomento transferirá os oito millóns. Segundo o alcalde, a execución tardará 17 meses, polo que está “encaixada nos prazos” do Centro Vialia, que se prevé que abrirá en 2021.

IMSERSO

Por outra banda, o alcalde vigués sinalou que o Imserso lle comunicou que “todos os voos” que saian desde Santiago ou A Coruña e que son cota de Vigo terán un autobús que sairá desde a cidade olívica. En total serán 66 buses, 46 á capital galega e 27 á Coruña, “máis da cota de voos de Vigo nestes aeroportos”.

Neste sentido, indicou que se están estudando que as prazas que quedaron baleiras para ir a Cataluña (xa que pola situación que se vive alí non foron seleccionadas) serán reasignadas e estase “tratando” que saian desde Vigo.

Segundo el, o ano que vén a licitación “será completamente distinta”, polo que os voos de cota Vigo sairán “integramente” da cidade olívica.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...