InicioEconomíaFeijóo: "Confío en que a fusión entre PSA e Fiat Chrysler xere...

Feijóo: “Confío en que a fusión entre PSA e Fiat Chrysler xere máis oportunidades que riscos”

"Non é un asunto menor, se a fusión frutifica terá incidencia", suliñou.

PUBLICADO O

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu este xoves que a fusión dos grupos PSA e Fiat Chrysler Automobiles (FCA) pode carrexar “oportunidades” e tamén “riscos” no caso galego, pero preferiu quedar “coa primeira lectura” e confiar en que “as oportunidades superarán” aos perigos derivados da operación.

Así se pronunciou despois de transcender que PSA e Fiat Chrysler iniciaron un proceso de negociación para a formación dun novo consorcio automobilístico, que se converterá no cuarto fabricante mundial de automóbiles e permitirá ás dúas empresas alcanzar unhas sinerxías anuais duns 3.700 millóns de euros.

Segundo informaron ambas as empresas, os consellos de vixilancia das dúas firmas aceptaron traballar para unha fusión entre ambas, cunha participación na mesma do 50% por cada unha delas. A previsión é que se asine un memorando de entendemento nas “próximas semanas”.

Non é un asunto menor, se a fusión frutifica terá incidencia. Hai oportunidades e riscos. A oportunidade de poder facer máis coches en Vigo e o risco de que se deslocalicen actividades noutras factorías do Grupo Fiat”, explicou Feijóo.

CONTACTO CON PSA

Dito isto, apostou por quedar “coa primeira lectura” e mostrouse convencido de que se a planta de Vigo “segue competindo”, as oportunidades “superarán aos riscos”. Tamén recalcou que a operación afecta o sector automobilístico español e galego, polo que a Xunta si se puxo ” en contacto” con dirixentes de PSA.

“E seguimos o asunto con extraordinario interese a ver como cristaliza. Espero que xere máis oportunidades que riscos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...