InicioEconomíaCentos de persoas reclaman un futuro laboral para a comarca de Vigo

Centos de persoas reclaman un futuro laboral para a comarca de Vigo

A CIG denuncia que en Vigo perdéronse 7.100 postos de traballo nunha década, dos que seis de cada dez eran empregos industriais.

PUBLICADO O

Unhas 300 persoas participou este mércores en Vigo na manifestación convocada pola CIG para esixir ás administracións públicas medidas concretas que garantan o futuro industrial na cidade e a súa comarca, emprego digno e servizos públicos. Cun cadaleito estampado cos nomes de Povisa, Barreiras, Vulcano e os servizos públicos e ao berro de “Goberno, culpable, Xunta, responsable“, “Feijóo, cacique, Vigo vaise a pique” ou “máis traballos, menos despedidas”, a manifestación partiu de Vía Norte para concluír en cálea Príncipe.
“Vigo está a perder posicións”, sinalou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, antes de inicio da marcha, “e nin a Xunta nin o Goberno están a actuar ante a crise industrial”. Pontón pediu “alternativas viables para ter unha expectativa de futuro”, ademais dunha “intervención pública” dun Goberno que “non está en funcións senón de vacacións” e en permanente campaña electoral. A CIG denuncia que en Vigo perdéronse 7.100 postos de traballo nunha década, dos que seis de cada dez eran empregos industriais.
O seu secretario comarcal en Vigo, Alberto Gonçalves, culpou da situación ao final da marcha ao “abandono da Xunta do Partido Popular e á indiferenza do Goberno español do PSOE”. Especial fincapé fai o sindicato na crítica situación que vive o sector naval, co estaleiro Vulcano condenado ao peche e con Barreiras inmerso nunha profunda crise. “O naval vigués, que non hai tantos anos representaba 10.000 postos de traballo hoxe non pasa de 2.000. Un sector no que Vigo e Galicia fomos potencia parece estar condenado pola incapacidade do capital privado e pola inacción cómplice e irresponsable da Xunta e do Goberno español”, dixo Gonçalves.
A manifestación serviu tamén para denunciar a situación que se vive no sector da automoción, con expedientes de regulación de emprego, destrución de postos de traballo e aumento da precariedade nun momento en que o sector se enfronta a un futuro de incerteza, segundo o panorama descrito pola CIG. Por último, Gonçalves, que mostrou o apoio da CIG ás empresas do norte de Galicia e aos Bombeiros de Vigo, en folga indefinida desde o pasado 14 de agosto, esixiu, como xa o fixo o sindicato a semana pasada noutra manifestación, a absorción por parte da Xunta do hospital Povisa.

 

 

 

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

Tres detidos en Vigo por presunta vinculación cun atraco bancario

Polo menos tres persoas foron detidas na mañá deste martes en Vigo pola súa...