InicioEconomíaArrinca en Vigo a IV Feira Internacional de Emprego Universitario con máis...

Arrinca en Vigo a IV Feira Internacional de Emprego Universitario con máis de 500 inscritos

Este evento, aberto a alumnos e exalumnos universitarios, pretende facilitarlles a procura de empresas e proxectos que se adecúen ás súas perspectivas laborais e interese profesional.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O IV Feira Internacional de Emprego Universitario, Finde.Ou, arrincou este martes no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) con máis de 500 persoas inscritas e medio centenar de empresas participantes.

O acto de inauguración estivo presidido polo reitor da UVigo, Manuel Reigosa, e contou coa presenza do alcalde da cidade, Abel Caballero, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a delegada da Xunta, Corina Porro, entre outras autoridades.

Este evento, aberto a alumnos e exalumnos universitarios, pretende facilitarlles a procura de empresas e proxectos que se adecúen ás súas perspectivas laborais e interese profesional, e permítelles coñecer cales son as competencias máis valoradas por esas entidades empregadoras.

Finde.U desenvolverase en Vigo este martes e este mércores e, a próxima semana (29 e 30 de outubro), trasladarase ao recinto expositivo de Exponor, no Porto (Portugal).

Entre as empresas e institucións presentes nesta feira, que organizan conxuntamente as universidades de Vigo, Tras-Os-Montes- e Alto Douro, están o grupo Hotusa, Nova Pescanova, Cafés Las Candelas, Nortempo, Adidas, Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, IESIDE ou a propia Universidade de Vigo.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...