InicioEconomíaA Fiscalía de Pontevedra abre dilixencias ante o "deficiente funcionamento sostido" da...

A Fiscalía de Pontevedra abre dilixencias ante o “deficiente funcionamento sostido” da AP-9 en Rande

PUBLICADO O

A Fiscalía Provincial de Pontevedra abriu dilixencias preprocesales para investigar o “deficiente funcionamento sostido” rexistrado “nos últimos meses” no tramo da AP-9 na Ponte de Rande, derivado das obras de ampliación de capacidade.

Así o comunicou este mércores a Fiscalía Superior de Galicia, que informa de que iniciou este procedemento ante as informacións recibidas na Fiscalía, na Valedora do Pobo e as aparecidas en prensa.

En concreto, incoou dilixencias preprocesales de carácter civil de protección dos dereitos dos consumidores e usuarios, “para os efectos de valorar o exercicio dunha Acción Colectiva de Cesación“, pola que se podería solicitar indemnización ou restitución aos afectados das cantidades devengadas neste período.

Esta investigación coincide con protestas, manifestacións e críticas que teñen feito a Xornal de Vigo varios alcaldes da comarca, como a de Moaña, o de Bueu ou o de Vigo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...