InicioEconomíaA Xunta solicitará ao Goberno central a "eliminación inmediata" da peaxe de...

A Xunta solicitará ao Goberno central a “eliminación inmediata” da peaxe de Redondela

A Cámara galega instou á Xunta a reclamar ao Estado a eliminación inmediata da peaxe de Redondela na AP-9 e á execución das obras compensatorias acordadas entre o Ministerio de Fomento e o Goberno local do municipio pontevedrés.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cámara galega instou a Xunta a reclamar ao Estado a eliminación inmediata da peaxe de Redondela na AP-9 e a execución das obras compensatorias acordadas entre o Ministerio de Fomento e o Goberno local do municipio.

En concreto, foi aprobada por unanimidade unha proposición non de lei presentada polo grupo popular, e defendida polo deputado Alberto Pazos, na que se reclamaba darlle cumprimento ao acordo unánime adoptado polo pleno do Parlamento e ao compromiso asumido polo Goberno entón presidido por Mariano Rajoy.

Pazos arremeteu, especialmente, contra o que considera unha “burla” dos distintos gobernos socialistas aos veciños de Redondela sobre esta peaxe, como a ampliación de Rande ao seu paso por Chapela “sen unha soa medida compensatoria” adoptada “48 horas antes dunhas eleccións xerais”.

Tamén lamentou que tras 16 meses de Goberno tras a moción de censura non se saiba “nada” das obras de compensación de Redondela, entras as que se contemplaba a construción dun novo colexio, a reposición de viarios ou pantallas anti-ruído, entre outras; nin da eliminación da peaxe. “Os compromisos dun Goberno central deben ser asumidos por calquera Goberno”, sinalou.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...