InicioEconomíaCampaña da CIG para pedir o fin da 'lei mordaza' e denunciar...

Campaña da CIG para pedir o fin da ‘lei mordaza’ e denunciar a “represión sindical”

O sindicato expresou a súa "preocupación" porque os conflitos laborais "están a chegar a sede xudicial", nun contexto de inminente recesión económica, cando segue vixente a reforma laboral, e en plena "crise industrial" en Galicia.

PUBLICADO O

O sindicato CIG anunciou este mércores en Vigo a convocatoria de concentracións ante os xulgados de Vigo, no marco da campaña ‘Non hai represión que para a loita obreira’, para denunciar a “represión sindical” que afecta a varios traballadores que serán xulgados “por defender os seus dereitos” e para volver pedir a derrogación da chamada ‘lei mordaza’.

Así o trasladou en rolda de prensa o secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, quen advertiu de que hai “un intento de usar o sistema xudicial e a ‘lei mordaza’ para silenciar” as reivindicacións da clase traballadora.

A ese respecto, expresou a súa “preocupación” porque os conflitos laborais “están a chegar a sede xudicial”, nun contexto de inminente recesión económica, cando segue vixente a reforma laboral, e en plena “crise industrial” en Galicia.

Así mesmo, Carril constatou que “os máis castigados pola crise económica son os perseguidos pola xustiza” e advertiu: “Non nos van a amedrentar”.

Na mesma pronunciouse o secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberte Gonçalves, quen explicou que, no marco desta campaña, o sindicato convocará concentracións diante dos xulgados vigueses os días 15 e 28, 29 e 30 de outubro, coincidindo coa celebración de dous xuízos contra traballadores, procesados “por defender os seus dereitos”.

XUÍZOS

O responsable comarcal de Transportes no sindicato, Suso García, explicou que o próximo 15 de outubro xulgarase a un traballador do sector de ambulancias, que foi “criminalizado” por “facer unha pintada” durante un conflito polo convenio do sector.

Pola súa banda, a responsable de CIG-Servizos, Tránsito Fernández, confirmou que os próximos 28, 29 e 30 de outubro celebrarase un xuízo en Vigo no que un empresario da hostalaría pide penas de prisión e indemnizacións que suman máis de 700.000 euros para 13 dos seus empregados, por supostas ameazas e coaccións.

Trátase dun empresario, sinalou Tránsito Fernández, que foi denunciado por falta de pagamento de salarios, e que mantiña débedas importantes coa Seguridade Social e con Facenda, ademais de con o Sergas (xestionaba a cafetaría do hospital Meixoeiro).

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...