InicioEconomíaA ocupación hoteleira en Vigo superou o 80%, un nivel "imposible de...

A ocupación hoteleira en Vigo superou o 80%, un nivel “imposible de imaxinar hai un ano”

Abel Caballero sinalou que o seu obxectivo é "seguir crecendo" e, a ese respecto, incidiu en que está por vir "o período alto" de afluencia turística que, "agora é o Nadal".

PUBLICADO O

O nivel de ocupación hoteleira de Vigo no mes de setembro ascendeu ao 83,3 %, un 11 % máis que no mesmo mes do ano pasado, segundo informou este venres o alcalde, Abel Caballero, quen proclamou que as taxas de ocupación e de visitantes á cidade están nun nivel “imposible de imaxinar hai tan só un ano”.

Así, nunha rolda de prensa, o rexedor olívico celebrou que os datos de turismo en Vigo marcaron “unha marca sen precedentes”. “O que sucede co turismo nesta cidade é un caso de estudo, incrementouse en taxas inconcibibles“, apuntou Abel Caballero, quen explicou que o 11,7 por cento dos visitantes de setembro procederon doutros lugares de Galicia, mentres que un 57,8 por cento fixérono do resto de España, e un 30,5 por cento eran visitantes internacionais (fundamentalmente de Portugal).

O primeiro edil vigués sinalou que o seu obxectivo é “seguir crecendo” e, a ese respecto, incidiu en que está por vir “o período alto” de afluencia turística que, “agora é o Nadal”. “De súpeto, en dous anos, transformamos Vigo. Dunha cidade cun turismo feble, a unha cidade fundamentalmente turística”, proclamou.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...