As auxiliares de Barreras, dispostas a mediar na crise do estaleiro

Están dispostas a volver traballar para a empresa a condición de que se garantan os créditos ou cobros dos traballos realizados e se garantan proxectos futuros.

Industria metalurxia
Estaleiros Barreras / © Miguel Núñez.

Unha trintena de empresas auxiliares e complementarias que viñan traballando en Barreras constituíronse nunha plataforma asesorada polo letrado Alberto Rocha e pola patronal do metal Asime.

Esta plataforma comezará a manter reunións a próxima semana con Pemex, Ritz Carlton e a Xunta na procura de solucións para garantir a construción dos buques que ten en carteira o estaleiro vigués, que solicitou o preconcurso de acredores.

Os representantes da plataforma mostraron a súa disposición para volver traballar en Barreras a condición de que se garantan os créditos ou cobros dos traballos realizados e se dean garantías para os proxectos futuros.

Este xoves, tras coñecerse a petición do preconcurso, as auxiliares procederon a retirar equipos, persoal e ferramentas do estaleiro da avenida de Beiramar.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here