InicioEconomíaEn Común pide ao Goberno que rescate Vulcano "como Francia, Alemaña ou...

En Común pide ao Goberno que rescate Vulcano “como Francia, Alemaña ou Italia fan cos seus estaleiros”

Os traballadores continúan coa súa marcha a Santiago, onde esperan reunirse con Conde para esixirlle "que cumpra a súa palabra"

PUBLICADO O

Os traballadores de Vulcano continúan a súa marcha cara a Santiago, onde este venres esperan ser recibidos polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; un encontro no que, de confirmarse, reclamarán ao mandatario que “cumpra a súa palabra” e “busque investidores” do estaleiro vigués, que se atopa en proceso de liquidación.

Este xoves, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Pontecesures, os traballadores recibiron o apoio das deputadas Yolanda Díaz (En Común) e Luca Chao (Común da Esquerda), que instaron aos Gobernos central e autonómico a implicarse na “superviviencia” deste estaleiro “centenario” e “unha icona do país”.

O portavoz do comité de empresa, Nicolás Sangabriel, recoñeceu que non existe confirmación de que vaian ser recibidos polo titular de Economía, ao que queren reclamar que “cumpra” co seu compromiso de buscar investidores.

Para Yolanda Díaz, tanto o Goberno central como a Xunta deben “reflexionar” sobre un sector estratéxico “clave” para a economía galega como é o naval, pois “non atender esta situación é dicir que deixarán caer a unha parte de nós”.

“Sería un erro catastrófico que as administracións implicadas deixen caer este estaleiro”, subliñou a deputada, que insta a Feijóo e a Pedro Sánchez a “pór o mesmo interese en Vulcano como teñen noutras empresas”.

Tras lembrar que o presidente do goberno en funcións estará en Galicia o vindeiro sábado para participar nun foro na illa da Toxa (Pontevedra), Yolanda Díaz reclamou a Sánchez que “mova as súas pezas” e “rescate” este estaleiro “como Francia, Alemaña ou Italia fan cos seus”.

Pola súa banda, a parlamenataria de Común da Esquerda Luca Chao cualificou de “drama” a posible desaparación de Vulcano, “un estaleiro fundamental para Vigo” cuxos problemas se suman aos que atravesa o sector naval en Galicia, como as auxiliares de Navantia ou Barreiras.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...