InicioEconomíaPontevedra, a provincia que máis autónomos perde

Pontevedra, a provincia que máis autónomos perde

Lidera a perda de traballadores autónomos en setembro.

PUBLICADO O

Pontevedra situouse como a primeira provincia con máis descenso de autónomos  de toda Galicia, que perdeu un total de 514 autónomos (-0,2%) en setembro, ao caer ata un total de 210.489, segundo un informe da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA). Unhas malas cifras que se suman ao aumento do paro.

Así, Pontevedra lidera a caída (171 autónomos menos), seguida de Lugo (117 menos), Ourense (69 menos) e A Coruña (156 menos). Do total, 264 eran homes e 250 mulleres.

Por sectores, hostalaría (250 menos), agricultura (102 menos) e actividades administrativas (23 menos) lideran o retroceso. No outro extremo, o maior aumento prodúcese en educación (54 máis).

Pola súa banda, no acumulado dos datos do último ano, Pontevedra é a única provincia con datos positivos (aumentan 178 autónomos e un 0,3% máis). O resto suma cifras negativas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...