InicioEconomíaMáximo histórico de tráfico na Ponte de Rande con máis de 2,2...

Máximo histórico de tráfico na Ponte de Rande con máis de 2,2 millóns de vehículos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Ponte de Rande marcou o pasado mes de agosto unha nova marca histórica de tráfico, con máis de 2,2 millóns de vehículos, o que supón unha media diaria total de 71.614. Esta cifra é un 1,2% superior ao mesmo mes do ano pasado e un 4,7% máis que en 2017, xusto antes de concluír as obras de ampliación de carrís.

Segundo informa Audasa a través dun comunicado, o anterior máximo mensual da Autoestrada do Atlántico tamén se rexistrou nun mes de agosto, concretamente no 2007, e no tramo desta ponte: un total de 71.588 automóbiles ao día. O ano con menor tráfico en agosto foi 2012, con 60.889 vehículos.

De acordo con datos da concesionaria da AP-9, durante 2018 e 2019, anos entre os que se executou a ampliación da Ponte de Rande, este incrementou o seu tráfico.De feito, en 2018 a intensidade media diaria anual neste tramo situouse na súa cifra máis alta en oito anos, con 57.965 automóbiles diarios.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...