InicioEconomíaA Xunta acusa ao Concello de Vigo de atrasar a construcción de...

A Xunta acusa ao Concello de Vigo de atrasar a construcción de vivendas por non aprobar o plan parcial de Navia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca os case 50 millóns investidos pola Xunta na cidade.

PUBLICADO O

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lembrou a necesidade de que se aprobe de forma definitiva o plan parcial de Navia para avanzar na execución de 1.600 novas vivendas protexidas na zona.

Tras un acto en Vigo, a conselleira detallou que a aprobación do plan compete ao Concello olívico e lembrou a aposta da Xunta para construír vivendas nesta cidade debido á “gran demanda” presente na mesma.

Ademais, concretou que, a continuación, procederase a adxudicar a urbanización do ámbito no que se situarán as novas vivendas do barrio de Navia. Tamén avanzou que se poderán realizar novas expropiacións, que se sumarán aos 50.000 metros cadrados adquiridos en 2016, cando se investiron 10 millóns de euros neste proxecto.

Así mesmo, fixo referencia ás 62 novas vivendas de promoción pública que levan a cabo nas rúas Canicouva e Ignacio Grobas da cidade olívica e que visitou este mércores. Así, lembrou que o Goberno galego destinou case 8,5 millóns de euros a acometer esta actuación, que se suman aos 27 millóns de euros investidos no Casco Vello e aos 11 consignados para a recuperación de inmobles de áreas de rehabilitación integral da cidade.

Mentres, lamentou que o Concello olívico non se adheriu ao plan autonómico de vivendas baleiras, que permitiría ofrecer pisos de titularidade pública e privada a familias con poucos recursos mediante un aluguer social.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...