InicioEconomíaEstudan urbanizar o barrio do Cura sen desmontar a fachada do asilo,...

Estudan urbanizar o barrio do Cura sen desmontar a fachada do asilo, protexéndoa das obras

Abel Caballero di que os traballos de demolición "van a un ritmo excepcional".

PUBLICADO O

A promotora que impulsa a urbanización do Barrio do Cura de Vigo estuda a posibilidade de comezar as obras sen ter que desmontar a fachada do antigo asilo de Pi e Margall, que é un elemento a conservar, e adoptar medidas para garantir a súa estabilidade e protexela das obras.

Así o trasladou¡ o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen confirmou que os traballos de demolición “van a un ritmo excepcional”.

O rexedor confirmou que “queda por desmontar a fachada” do asilo, un elemento arquitectónico que el mesmo ordenou protexer e conservar, e “a empresa está a considerar a posibilidade de non retirala” e “construír coa fachada convenientemente protexida e apalancada”, tras unha proposta do arquitecto que supervisa a demolición.

Por outra banda, avanzou que o próximo 17 de setembro levará ao Consello da Xerencia de Urbanismo novamente a modificación puntual da PXOM do 93 para a urbanización do Barrio do Cura, no que se construirá vivenda protexida, zonas verdes, espazos de aparcadoiro, e reordenaranse as rúas da contorna, todo iso con “respecto absoluto” ao miradoiro que hai desde Paseo de Alfonso.

Tras a Xerencia, a modificación pasará por Pleno para a súa aprobación inicial, e logo pasará os trámites de exposición pública e incorporación dos informes sectoriais, antes de que se poida iniciar a obra.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

A Fundación Secretariado Xitano denuncia as discriminacións contra o seu colectivo

A Fundación Secretariado Xitano (FSG) presentou ante a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández...