InicioEconomíaO pesqueiro vigués retido en Irlanda regresa este venres

O pesqueiro vigués retido en Irlanda regresa este venres

O arrastreiro vigués 'Río Mau' foi retido na localidade irlandesa de Castletownbere debido a un incumprimento da normativa de seguridade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O arrastreiro vigués ‘Río Mau’ foi retido na localidade irlandesa de Castletownbere debido a un incumprimento da normativa de seguridade, aínda que se espera que poida regresar á cidade olívica este mesmo venres.

Segundo confirmaron fontes da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), a detención por parte das autoridades irlandesas produciuse debido ao estado dunha escaleira manual da que se debe dispor nestes buques para subir a bordo.

Como consecuencia, deberase afrontar unha sanción administrativa para poder renovar os labores de pesca que leva a cabo o ‘Río Mau’, ademais de emendar o problema técnico.

En concreto, este pesqueiro de 29 metros de eslora e oito de manga é propiedade do armador Agustín Santomé e a súa base atópase na cidade olívica.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...