InicioEconomíaA CIG denuncia que a Xunta deixa "esmorecer" a automoción

A CIG denuncia que a Xunta deixa “esmorecer” a automoción

O sindicato denuncia que as empresas optan por instalarse en Portugal, que mellora a súa capacidade produtiva.

PUBLICADO O

A federación de Industria da CIG de Vigo denunciou este mércores a ausencia de políticas por parte da Xunta para frear o “desfalecemento progresivo” da automoción, mentres as empresas optan por instalarse en Portugal, que mellora a súa capacidade produtiva.

O sindicato nacionalista advertiu de que, só o último ano, a contratación na automoción galega descendeu un 26,7 % e, desde o inicio da crise económica, “ningunha nova empresa de automoción instalouse en Galicia”. Por contra, neste período, cinco empresas instaláronse en chan luso, entre outros motivos pola política captación de investimentos do goberno portugués.

A este respecto, a CIG expresou a súa preocupación polo “deixamento” do goberno da Xunta á hora de aplicar políticas que permitan atraer empresas e pola “falta de planificación” no sector industrial.

Por iso, insistiu na necesidade dun “plan galego para a industria da automoción”, e unha “aposta clara pola formación, e non por profundar na precarización laboral”. “A Xunta non pode seguir xogando un papel irrelevante nunha industria estratéxica para Galicia, facendo unicamente de correa de transmisión das políticas que impón PSA”, alertou o sindicato.

Nese sentido, a CIG reclamou “un enfoque cara á fabricación de produtos de alto valora engadido, fronte aos vehículos ‘low cost”, ou “implementar unha tarifa eléctrica bonificada” para estas empresas.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...