InicioEconomíaAudasa oponse á demanda da Fiscalía polas retencións durante as obras de...

Audasa oponse á demanda da Fiscalía polas retencións durante as obras de Rande e nega práctica abusiva

A asociación En-Colectivo rexeita os seus argumentos e acusa a empresa de eludir a súa responsabilidade e querer dilatar o proceso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concesionaria da autoestrada AP-9, Audasa, presentou escrito ante o xulgado formulando a súa oposición á demanda presentada pola Fiscalía (e á que se adheriu a asociación En-Colectivo) polos prexuízos sufridos polos condutores durante as obras de ampliación da ponte de Rande, e no que alega que a súa actuación non se pode cualificarse de práctica abusiva.

No escrito, a empresa sinala, entre outras cuestións, que a afección ao tráfico durante a execución dos traballos (entre 2015 e 2018) era “ineludible”, e que tería sido “máis doado e menos custoso se as obras se executasen pechando a autoestrada ao tráfico”.

En todo caso, Audasa defende que cumpriu todas as “obrigas” que asumira nesa actuación, e que a execución dunha “obra de interese público” non pode ser cualificada como “práctica abusiva”, nin tampouco se lle pode responsabilizar de incumprir o seu contrato cos usuarios da autoestrada.

Por outra banda, a concesionaria tamén expón que os condutores tiñan unha alternativa “coñecida” e libre de peaxe (usando a N-550 entre Pontevedra e Vilaboa, e a N-554 entre Vilaboa e a ligazón do Morrazo), a pesar do que cal, “optaron libremente e con pleno coñecemento da existencia das obras”, por utilizar a ponte de Rande.

Ademais, abunda a empresa, o nivel de servizo prestado durante eses traballos foi “o adecuado” porque, pola contra, se denunciaron os problemas durante o período de execución das obras.

EN-COLECTIVO

Pola súa banda, a Asociación En-Colectivo expresou o seu rexeitamento a estes argumentos, e critica que é un intento da concesionaria por “dilatar” o proceso e eludir a súa responsabilidade, para evitar ter que indemnizar aos usuarios da AP-9.

A ese respecto, tachou de “inconsistentes” as explicacións da empresa, e lembrou que existe unha relación contractual pola cal os usuarios pagan unha peaxe, e deben recibir un servizo cunhas condicións determinadas de velocidade, seguridade e fluidez do tráfico.

Do mesmo xeito, nega que exista unha alternativa á ponte de Rande “coas mesmas prestacións e competitividade”, xa que o itinerario que suxire a empresa supón “duplicar o tempo investido en percorrer o mesmo traxecto”.

En todo caso, esta plataforma subliñou que a propia Audasa recoñece no seu escrito 86 incidencias (das algo máis de 200 retencións documentadas na demanda), e confirmou que manterá a súa reclamación para que se reintegren as peaxes aos afectados.

O proxecto artístico para a ponte de Rande que nunca se realizou

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...