InicioEconomíaO Concello de Vigo presume de "nova marca" de turistas en agosto...

O Concello de Vigo presume de “nova marca” de turistas en agosto e anuncia un Nadal “fóra de serie”

A ocupación hoteleira na cidade elevouse ao 88,54 %, segundo os datos que manexa o Concello olívico.

PUBLICADO O

A ocupación hoteleira durante o mes de agosto na cidade de Vigo elevouse ao 88,54 %, segundo os datos que manexa o Concello olívico, o que supón “unha nova marca” para o sector.

Así o trasladou o alcalde, Abel Caballero, quen sinalou que o nivel de ocupación creceu en case 12 puntos con respecto ao mes de agosto do ano pasado (no que a ocupación hoteleira foi do 76,9 %). O alcalde tamén resaltou o incremento da estancia media, que pasa de 2,2 a 2,8 días.

Con respecto á orixe dos turistas que visitaron Vigo nese mes, o 11,3 % procedían doutros lugares de Galicia; o 67,3 % do resto de España; e o 21,4 % tiñan orixe internacional (a maioría portugueses, italianos e franceses).

Abel Caballero celebrou que agosto foi “un gran mes” para o turismo na cidade, e puxo en valor que a “vocación de Vigo como destino turístico está a afianzarse”. “E prepárense, porque o Nadal vai ser fóra de serie, vai ser o nunca visto”, proclamou.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...