InicioEconomíaA Xunta evita revelar as axudas dadas a PSA desde que goberna...

A Xunta evita revelar as axudas dadas a PSA desde que goberna Feijóo

O BNG denuncia "falta de transparencia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Juan Cividanes, acudiu este xoves ao Parlamento galego para contestar na comisión de Industria a varias preguntas do BNG sobre os apoios concedidos pola Xunta a empresas de automoción. Así, o alto cargo non ofreceu os datos reclamados polo Bloque do total de axudas outorgadas ao Grupo PSA desde a chegada do PP ao Goberno autonómico en 2009.

Na súa intervención, Cividanes informou de que o Goberno galego achega 11 millóns ao convenio con Zona Franca e PSA para a aceleradora Business Factory Auto, pero sen responder á pregunta realizada polo Bloque para coñecer cal é a cifra total dada ao grupo automobilístico na última década, con Alberto Núñez Feijóo á fronte da Administración autonómica.

Respecto diso, a deputada do BNG Noa Presas queixouse da “falta de transparencia” da Xunta, ao non achegar antes estes datos por escrito e pola falta de concreción na súa resposta oral deste xoves. Así, reprochou que o responsable do Igape dedicase “tanto tempo” na súa intervención a “dar datos xerais” achega do sector da automoción sen contestar as preguntas rexistradas.

Posteriormente, fontes da Consellería consultadas por Europa Press tampouco facilitaron a cantidade total achegada pola Xunta ao Grupo PSA desde 2009.

Todo iso, despois de que a comezos de xullo a Comisión Europea anunciase a apertura dunha investigación en profundidade para avaliar se a concesión por parte de administracións de 20,7 millóns en axudas á planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo cumpre coas normas europeas sobre axudas de Estado con finalidade rexional.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...