InicioEconomíaPescanova, o fabricante de gran consumo que máis crece en España

Pescanova, o fabricante de gran consumo que máis crece en España

Tivo un incremento do 11,4% en vendas valor.

PUBLICADO O

O Grupo Nueva Pescanova é o fabricante de gran consumo que máis crece en España, cun incremento do 11,4% en vendas valor, segundo recolle o último informe Strategic Planner de Nielsen actualizado a xuño de 2019.

Estas cifras sitúan á multinacional galega no posto número 19 da clasificación xeral de vendas na canle retail en España.

Pescanova atribúe este crecemento á súa aposta pola innovación tanto no lanzamento de novos produtos como en novos formatos, así como pola calidade dos mesmos.

O Grupo Nueva Pescanova é unha multinacional española líder do sector, especializada na captura, cultivo, elaboración e comercialización de produtos do mar, tanto frescos, refrixerados como conxelados.

Fundada en 1960, emprega a máis de 10.000 persoas e ten presenza en máis de 20 países dos cinco continentes.

O Grupo Nueva Pescanova vende os seus produtos en máis de 80 países de todo o mundo.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...