Os socialistas urxen á Xunta a buscar “alternativas viables” para evitar o ERE de Vulcano

A viceportavoz do grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Patricia Vilán, quere que o Executivo explique á Cámara as "supostas xestións" que levou a cabo ata o momento para resolver a situación da empresa, así como o "que vai facer" a partir de agora.

Estaleiro Vulcano / © Miguel Núñez

A viceportavoz do grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Patricia Vilán, presentou este luns unha serie de iniciativas parlamentarias nas que lle reclama ao Goberno autonómico que busque “alternativas viables” para resolver a situación do estaleiro vigués Vulcano e frear o seu Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo “que ameaza aos seus 69 traballadores”.

Vilán sinala no seu escrito presentado ante a Mesa do Parlamento que o Goberno galego e toda a Administración autonómica “debería dar unha resposta” ante esta situación, “impedindo que finalizase a relación contractual cos traballadores e apostando pola aparición dun posible investidor“.

Desta maneira, a deputada socialista pretende que o Executivo explique á Cámara as “supostas xestións” que levou a cabo ata o momento para resolver a situación da empresa, así como “que vai facer a partir deste momento para manter a actividade industrial e os postos de traballo”.

Tamén no seu escrito, Vilán formula outras preguntas para o seu debate na Comisión 6º, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, coma se a Xunta ten noticia da existencia dun futuro investidor.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here