InicioEconomíaDenuncian que a xestión de Povisa ocultou perdas aos traballadores

Denuncian que a xestión de Povisa ocultou perdas aos traballadores

Lembran que a empresa xa foi sancionada anteriormente cunha multa de 6.000 euros por Inspección de Traballo e Seguridade Social debido a unha situación similar.

PUBLICADO O

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou que o Hospital Povisa de Vigo non informou aos seus traballadores das perdas económicas acumuladas. A través dun comunicado, o sindicato afirmou que non recibiu “ningunha notificación” procedente do centro hospitalario do Grupo Nosa Terra mediante a que se informase de que o ano pasado rexistrou 7 millóns de euros en perdas.
Neste sentido, a central sindical ha remarcado que, ao non achegar esta información ao comité de empresa, o hospital incumpriu o artigo 64 do Estatuto dos Traballadores. Nesta liña, lembrou que a empresa xa foi sancionada anteriormente cunha multa de 6.000 euros por Inspección de Traballo e Seguridade Social debido a unha situación similar.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...