Unidas Podemos reclama que os terreos de Vulcano manteñan a súa utilidade para o sector naval

A deputada Yolanda Díaz cuestiona se o Goberno aposta por que se manteña como zona industrial e de construción naval ou se "contempla a posibilidade" de cambiar a súa utilidade.

Estaleiros de Vulcano/XdV
A deputada do Grupo Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común Yolanda Díaz solicitou ao Goberno central que os terreos que ocupan os estaleiros de Vulcano en Vigo manteñan a súa actividade para o sector naval.
Segundo informa Galicia en Común a través dun comunicado, a parlamentaria rexistrou unha batería de preguntas na que pregunta ao Executivo estatal sobre o futuro das instalacións de Vulcano, que esta mesma semana solicitou a súa liquidación tras a entrega do seu último barco.
Deste xeito, pregunta “que pretende facer” cos terreos que ocupa Factorías Vulcano no vigués barrio de Guixar e “cal” será o seu “uso e destino” unha vez finalice o proceso de liquidación. Neste sentido, cuestiona se o Goberno aposta por que se manteña como zona industrial e de construción naval ou se “contempla a posibilidade” de cambiar a súa utilidade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here