InicioEconomíaPiden a Citroën medidas "contundentes" contra o delegado do sindicato 'amarelo' condenado...

Piden a Citroën medidas “contundentes” contra o delegado do sindicato ‘amarelo’ condenado por dar unha cabezada a un de CC.OO.

O sindicato CC.OO. reclamou este martes á dirección de PSA Peugeot Citroën en Vigo que adopte "medidas contundentes", aínda que "evitando o despedimento", contra un traballador, delegado do SIT, que acaba de ser condenado por un delito leve de lesións, por dar un cabezado a outro delegado, de CC.OO.

PUBLICADO O

O sindicato CC.OO. reclamou este martes á dirección de PSA Peugeot Citroën en Vigo que adopte “medidas contundentes”, aínda que “evitando o despedimento”, contra un traballador, delegado do SIT, que acaba de ser condenado por un delito leve de lesións, por dar unha cabezada a outro delegado, de CC.OO.

Os feitos remóntanse ao pasado 23 de outubro, en plena xornada de elección dos representantes sindicais do persoal. Na súa sentenza, o xulgado de instrución número 5 de Vigo considera probado que o delegado do SIT propinou unha cabezada a un delegado de CC.OO., “con ánimo de menoscabar a integridade física do denunciante”, de tal modo que perdeu o equilibrio e caeu ao chan.

Por estes feitos, atribúelle un delito leve de lesións, e condénao a pagar unha multa de 180 euros, e a asumir as costas xudiciais. Así mesmo, establece que o denunciado deberá indemnizar en 250 euros ao denunciante.

Tras esta resolución, o responsable de CC.OO. na factoría viguesa, Santiago García Cameselle, sinalou que a dirección da empresa “quedou sen escusas” e debe tomar “medidas contundentes”, aínda que “evitando o despedimento”.

Así mesmo, convidou o sindicato maioritario no comité, o SIT, a que “reflexione” sobre a continuidade deste traballador no órgano de representación do persoal. “Quen agride a un compañeiro non pode un ocupar un posto de representación”, apuntou.

Ademais, García Cameselle constatou que a sentenza “sacou a relucir a verdade” dunha empresa que “se ofreceu a defender ao delegado do ‘sindicato amarelo’, o seu delegado, mesmo con testemuños falsos”.

A ese respecto, tamén reprochou á dirección da fábrica que pretendese “ocultar os feitos”, mesmo “cun paripé de investigación” interna que finalizou sen consecuencias para o denunciado. “Moi ao contrario, a empresa premiouno cun ascenso”, lamentou.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...