Comeza a remodalación do Barrio do Cura

Obras para a remodelación do Barrio do Cura / Miguel Núñez

Os veciños do Barrio do Cura víronse sorprendidos este venres por maquinaria e operarios que iniciaron os traballos para o derrubamento dunha vintena de edificacións.

Con estas accións, a promotora comeza a remodelación dun barrio degradado, que mudará por completo a súa faciana cunha nova urbanización.

As obras iniciáronse na rúa Santa Marta e proseguerán por toda a contorna nos próximos días. Entre as accións planeadas está o derrubamento do antigo asilo de Pi y Margall, no que a empresa está obrigada a desmontar e reconstruír a fachada.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here