InicioEconomíaGrupo PSA pecha 2018 cunha marca mundial de vendas tras precarizar aos...

Grupo PSA pecha 2018 cunha marca mundial de vendas tras precarizar aos traballadores

Presume de vender case 4 millóns de vehículos en todo o mundo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo PSA pechou o ano pasado cun volume mundial de vendas de 3,87 millóns de unidades, o que supón unha marca histórica e un incremento do 6,76% en comparación coa cifra contabilizada en 2018, segundo informou a empresa. Unha situación que se preduce tras precarizar a situación laboral dos traballadores.

A multinacional francesa destacou que este incremento das súas matriculacións mundiais durante o ano pasado estivo vinculado á ofensiva de produto que levou a cabo e que contempla realizar 80 lanzamentos rexionais en dous anos. Esta estratexia tamén recolle unha gama de modelos máis orientada ao cliente e un compromiso por parte da rede comercial.

Por rexións, a compañía recortou un 32,2% os seus rexistros de vendas en 2018 en China e sueste asiático, con 262.583 unidades, mentres que as súas entregas en Eurasia subiron un 0,48%, ata 15.288 unidades e un 1,64% en India e Pacífico, ata 26.479 unidades.

As matriculacións do Grupo PSA en Europa situáronse en 3,1 millóns de unidades ao termo do pasado exercicio, un 30,5% máis, á vez que en Latinoamérica baixaron un 15,04%, ata 175.257 unidades. En Oriente Medio e África, a corporación que preside Carlos Tavares comercializou 291.998 unidades en 2018, un 52,8% menos.

MARCAS

Doutra banda, Peugeot foi a marca máis vendida do grupo francés en 2018, cun volume de 1,74 millóns de unidades, o que representa unha diminución do 17,9% en comparación cos datos do ano previo.

Citroën, pola súa banda, matriculou 1,04 millóns de vehículos en todos os mercados nos que opera, un 0,89% menos, e DS mellorou un 0,7% os seus rexistros, ata 53.265 unidades. Opel/Vauxhall logrou unhas vendas de 1,03 millóns de unidades.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...