Alexandra Fernández pedirá a comparecencia do ministro Ábalos para que explique a situación da saída sur de Vigo

A deputada de En Marea interesouse polo estado da infraestruturas da Eurorrexión durante a reunión co secretario xeral do Eixo Atlántico.

Alexandra Fernández, deputada de En Marea, co secretario xeral do Eixo Altántico, Xoán Vázquez Mao / Eixo Atlántico

Alexandra Fernández, deputada de En Marea pola provincia de Pontevedra, pedirá a comparecencia no Congreso do ministro de Fomento, José Luis Ábalos,  para que dea explicacións polo miúdo da situación do proxecto da saída sur de Vigo.

A deputada mantivo este luns unha xuntanza co secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, para interesarse polo estado das infraestruturas da Eurorrexión ao fío da reunión que este tivo co secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio e na que se puxo de manifesto a ausencia de datas marcadas para avanzar nos proxectos.

O secretario xeral detallou os resultados da reunión celebrada a pasada semana en Madrid, cos temas prioritarios para o Eixo Atlántico enriba da mesa, entre os que se atopan a saída sur de Vigo e o Corredor Atlántico.

A deputada explicou que o seu grupo leva traballando nos últimos meses na saída sur de Vigo e conseguiron o apoio do PSOE, pero de momento non hai resultados concretos. Así, de cara aos vindeiros orzamentos exixirán ao Goberno socialista compromisos. “Existe xa unha partida para o estudo previo da saída sur, e imos preguntar cal é o estado de cumprimento actual”, indicou Alexandra Fernández.

2 COMENTARIOS

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here