Vigo enche os hoteis de turistas que queren ver as luces durante esta ponte

Luces de Nadal en Vigo / Miguel Núñez.
Luces de Nadal en Vigo / Miguel Núñez.

Os hosteleiros vigueses están pletóricos. Segundo o Clúster do Turismo de Galicia, Vigo é o concello galego con mellores previsións de turistas durante esta ponte da Constitución. Uns turistas que, principalmente, acoden á cidade para ver a iluminación de nadal.

De feito, as previsións do sector é que os establecementos teñan unha ocupación do 85 e 90%, algo impensable hai cinco anos, por exemplo, e atribúen esta suba ao famoso, e polémico, alumeado de Nadal. O sector agarda que os turistas, ademais de visitar a cidade, tamén fagan compras na cidade.

A nivel galego, o turismo tampouco será malo nesta ponte, aínda que as previsións son de alcanzar cifras de ocupación similares ás de 2015 ou 2016, en torno ao 60% ou 70%. Cifras que son inferiores ás do pasado ano.

Con todo, tanto en Vigo coma nalgúns puntos de Galicia, os hosteleiros agardan colocar os carteis de “completo” ao longo destes días coas reservas de última hora xa que son conscientes de que “a xente soe preparar as viaxes das pontes nos últimos días”.

TURISMO RURAL

Outra parte do turismo será o rural. Estes días agárdase que as casas rurais teñan unha ocupación de en torno ao 50%. Un sector que se ve impulsado por iniciativas como o Outono Gastronómico.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here