InicioDeportesA Guarda constrúe unha nova pista de skate, "deporte de referencia" no...

A Guarda constrúe unha nova pista de skate, “deporte de referencia” no Concello

PUBLICADO O

Este luns día 27 de agosto iniciáronse no Porto da Guarda as obras de ampliación da zona
deportiva existente e a preparación dos terreos para albergar a nova pista de skate e zona
deportiva e de ocio infantil.

Ata o lugar trasladáronse o Alcalde da Guarda, acompañado da Concelleira de Turismo, o
Concelleiro de Vías e Obras e o Concelleiro de Deportes, para visitar o arranque das obras e
supervisar os traballos que alí se realizarán nos vindeiros días.

Obras do skatepark na Guarda/ Concello da Guarda

Esta actuación, financiada en parte polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, vén a
cubrir as necesidades dun colectivo en auxe ao longo dos pasados anos e que precisa
dunhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva, sendo o skate unha modalidade
deportiva de referencia na Guarda, atraendo dinamismo a este espazo urbano.

O proxecto inclúe a ampliación do espazo existente en 12 metros para desprazar a actual
pista multiusos e albergar o novo skatepark, que contará cun «bowl» e diferentes
equipamentos fundamentais para a práctica deste deporte, nunha superficie total de 46m x
18,20m.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...