InicioDeportesO Cabanas KDM de Ferrolterra proclamouse vencedor do Trofeo Concello de Vigo...

O Cabanas KDM de Ferrolterra proclamouse vencedor do Trofeo Concello de Vigo de Kayak de Mar

Impúxose con moita vantaxe (1355 puntos) aos pontevedreses Náutico de Cobres (724) e Piragüismo Cambados (690) que completaron o podio

PUBLICADO O

El Club Cabanas KDM de Ferrolterra proclamouse vencedor absoluto do Trofeo Internacional Concello de Vigo de Kayak de Mar, segundo acto da Semana Abanca; que se celebrou na Pista de la ETEA na ensenada de Rande da ría de Vigo, baixo a organización do Club de Piragüismo Olívico e o Club Marítimo de Vigo, co apoio da Federación Galega e a Real Federación Española de Piragüismo.

O Club coruñés Cabanas, impúxose con moita vantaxe (1355 puntos) aos pontevedreses Náutico de Cobres (724) e Piragüismo Cambados (690) que completaron o podio do segundo acto da Semana Abanca… logrando o terceiro ouro no xogo referente de eventos multináutica de España.

Dous centenares de palistas dunha vintena de clubes desde cadetes ata máster, loitaron na Ensenada de Rande na denominada Pista de la ETEA, en kayak de mar sobre unha distancia de 10.000 metros. O próximo evento de la Semana Abanca será o windsurf o próximo fin de semana, que se celebrará no río Miño entre as localidades fronterizas de Valença de Minho e Tui, no que se competirá polo Campeonato Hispano-Lusitano.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...