InicioDeportesArrinca o Marisquiño con deportistas dunha trintena de países

Arrinca o Marisquiño con deportistas dunha trintena de países

Son preto dun milleiro de deportistas.

PUBLICADO O

As competicións do festival da cultura urbana O Marisquiño de Vigo comezaron este venres coa participación de deportistas dunha trintena de países, segundo informou a organización.

Así, a primeira xornada da XXII edición do evento arrincou esta mañá cos primeiros partidos de Basket 3×3, que nesta ocasión se levan a cabo na pista situada na terraza do centro comercial Vialia.

Ademais, outros escenarios do Marisquiño 2022 como o Porto ou Samil xa rexistran tamén actividade cos adestramentos en disciplinas como Skate e BMX, que esta tarde iniciaron as súas primeiras probas de clasificación.

Preto dun milleiro de deportistas dunha trintena de países participan este ano no Marisquiño, que se iniciou onte cunha xornada de talleres na que participaron máis de 300 nenos e mozos que puideron gozar das infraestruturas do festival, que desde hoxe xa ocupan os deportistas.

Ademais, o día terminou cun concerto de benvida ao público no auditorio de Castrelos, no que Hijos de la Ruina e Wöyza tocaron para preto de 30.000 persoas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...