InicioSociedadeSereas Bravas de Vigo e Brigantias da Coruña compiten polo primeiro posto...

Sereas Bravas de Vigo e Brigantias da Coruña compiten polo primeiro posto da Liga Galega

Vigo acollerá este evento o próximo sábado, 18 de xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Chega a ansiada final da Liga Galega de roller derby. Vigo acollerá este evento o próximo sábado, 18 de xuño, onde as Brigantias, que arrasaron na semifinal contra Sereas Bravas cun resultado de 169-60, loitarán polo primeiro posto no Pavillón de Candeán ás 18:30h.

Así pois, as Brigantias volverán enfrontarse nun emocionante encontro contra Sereas Bravas de Vigo. A súa vez, ás 16:30h disputaranse o terceiro e cuarto posto entre Jabatas Roller Derby de Ourense e Negra Sombra Roller Derby de Pontevedra.

A entrada é totalmente de balde. “Gañar a Liga Galega de roller derby significa máis visibilidade ao equipo, algo vital neste deporte totalmente autoxestionado. Levar o primeiro premio a casa sería un gran logro para As Brigantias tras o parón debido á Covid-19”, afirman as Brigantias nun comunicado.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...