InicioDeportesO Celta aparta a Santi Mina e ábrelle expediente tras ser condenado...

O Celta aparta a Santi Mina e ábrelle expediente tras ser condenado por abuso sexual

"O RC Celta respecta o dereito de defensa do xogador, pero vese na obrigación de tomar medidas fronte a aqueles feitos que menoscaban de forma notoria a imaxe do club", apunta.

PUBLICADO O

O RC Celta de Vigo decidiu abrir un expediente disciplinario e apartar “provisionalmente” ao seu dianteiro Santi Mina tras coñecer este mércores que foi condenado a catro anos de prisión por un delito de abuso sexual labor en 2017.

“Por mor da sentenza da Sección Terceira da Audiencia Provincial de Almería, emitida na xornada de hoxe mércores, o RC Celta decidiu a apertura dun expediente disciplinario ao xogador Santiago Mina para dilucidar as súas responsabilidades laborais á vista desta resolución”, indicou o conxunto vigués nun comunicado tras coñecer a sentenza.

Ademais, o club vigués apuntou que, “por esta razón e de maneira cautelar”, tamén tomou a decisión de “apartar provisionalmente” ao futbolista galego de “dos adestramentos do primeiro equipo, sen prexuízo de que continue realizando as actividades que para o efecto lle indique o club”.

“O RC Celta respecta o dereito de defensa do xogador, pero vese na obrigación de tomar medidas fronte a aqueles feitos que menoscaban de forma notoria a imaxe do club e atentan directamente contra os seus valores, mostrando unha vez máis a súa máis absoluto rexeitamento cara ao delito tipificado na resolución xudicial”, sentenciou o RC Celta.

A Audiencia Provincial de Almería condenou este mércores a catro anos de prisión ao futbolista por considera que abusou sexualmente dunha muller en xuño de 2017 no municipio almeriense de Mojácar.

A sentenza impón a Mina, quen non actuou con violencia ou intimidación como sinalou o fiscal para cualificar como delito de agresión sexual, medida de liberdade vixiada por período de cinco anos e afastamento a menos de 500 metros durante 12 anos, segundo informaron a Europa Press fontes xudiciais, que precisaron que a indemnización se fixa en 50.000 euros.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...