InicioDeportesMorre Lino Blanco, un dos grandes xornalistas deportivos de Vigo

Morre Lino Blanco, un dos grandes xornalistas deportivos de Vigo

PUBLICADO O

Pesar no mundo do xornalismo polo pasamento de Lino Blanco Barcia. Nado en Mondariz hai 57 anos, desenvolveu toda a súa carreira profesional no xornalismo deportivo da contorna de Vigo, que cubriu para medios como o Atlántico Diario, Diario 16, a Cadena Cope ou o Faro de Vigo.

Na Televisión de Galicia fíxose célebre polas súas coberturas dos partidos do Celta de Vigo, mais nunca esqueceu a información sobre os deportes máis minoritarios e de base, ademais de levar a comunicación de varias competicións e clubes deportivos. Como proxecto máis persoal, publicaba entrevistas e artigos no seu blog Estibando palabras.

Nas últimas horas chegaron mensaxes de pésame desde todo o mundo do xornalismo. Tamén a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, no nome de toda a profesión transmitiulle o pésame a súa familia.
O velatorio de Lino Blanco está a realizarse na sala nº 2 del tanatorio Emorvisa en Vigo. Ás 17.30 serán trasladados á igrexa parroquial de San Martiño de Vilasobroso, en Mondariz, onde se realizará o funeral ás 18:00 e posteriormente serán inhumados os seus restos.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...