InicioDeportesPampín, capitán do Celta B sobre a súa renovación:"Teño as cousas claras...

Pampín, capitán do Celta B sobre a súa renovación:”Teño as cousas claras sobre o meu futuro”

Houbo achegamento polas dúas partes pero estase a levar con moita calma.

PUBLICADO O

Diego Pampín (Oleiros, 2000) é o actual capitán do Celta B, a pesar da súa corta idade, que milita na Primeira RFEF. Con anterioridade xogaba de mediapunta ou extremo e dende xa hai uns anos xa está asentado como lateral esquerdo do conxunto olívico.

Aínda se ve de mediapunta ou extremo ou xa se sente de todo lateral?

O 100% de min como xogador corresponde a parte de arriba do campo. Pregúntalle aos meus compañeiros de equipo e diranche que se por min fora non xogaría nin un minuto máis na defensa pero adáptome sempre ao que pide o meu adestrador.

Como é o proceso do cambio?

Empezou cando subín ao primeiro equipo con Unzúe. Viña de ser extremo dereito no Xuvenil A e así ía facer a pretemporada no filial. Pero a baixa de Samu Araújo a última hora fixo que quedara un posto libre. O club decidiu que podía ocupalo e alí fun. Dentro do ben ou mal que o puiden facer, máis ou menos convencín a Unzúe e así quedei nesta posición.

Custou?

Os anos con Rubén Albés e ata a chegada de Onésimo non estiven a un bo nivel. Non conseguía adaptarme. Víame con carencias defensivas e tentaba extralimitarme para compensar. Se decidiron que actuase atráis sendo extremo, non debería cambiar demasiado a miña forma de xogar.

Como leva ser veterano do equipo con tan só 21 anos?

Algún me chama “viejoven” (ri). Cando subín ao primeiro equipo tiña 17 anos. Era un neno. A partir de aí, deixouse de falar de min. Cada un ten o seu percorrido e o seu tempo e por sorte esta boa serie píllame con 21 e non con 24.

E a capitanía?

O primeiro ano si que me custou un pouquiño. Apoiábame moito en Manu Ferrando, un tío moito máis veterano. Axudoume moitísimo. Xa o ano pasado foi máis rodado e este máis aínda. Xa son tres anos de capitán e o quinto no Celta B.

Este ano remata contrato co Celta, cómo está o tema da súa renovación?

Está bastante tranquilo. Houbo achegamentos polas dúas partes, pero de forma relaxada. Hai unha proposta, pero está a levarse todo con moita calma. Eu teño as cousas moi claras e así llo dixemos ao club. Pero non temos présa. Eu estou centrado en xogar os 38 partidos e que logo pase o que teña que pasar.

A moitos afeccionados está sorprendo a tempada que está a realizar o Celta B este ano, cal é o obxectivo da tempada do equipo vigués?

É verdade que non comezamos ben a tempada coa derrota dolorosa en Riazor por 5-0 pero había moitos xogadores novos e a medida que nos fomos coñecendo mellor empezamos a subir postos na clasificación ata chegar ao terceiro posto. O obxectivo é gañar todos os partidos posibles ata final de tempada e loitar polo ascenso.

PELEXA POLO ASCENSO

“Tentar gañar os once partidos que quedan e crer que podemos estar aí arriba pelexando por calquera cousa”. A xente de arriba está a perder puntos porque a categoría é difícil e porque che pon estas dificultades”, explicaba Pampín.

Ademais, fai fincapé en facerse fortes sobretodo na casa e non perder puntos cos equipo de abaixo, como é o caso do Tudelano, que derrotou ao Celta B o pasado fin de semana. “Tamén hai que esperar a que os dous que están por diante piquen algo para tentar quedar o máis arriba”, afrimaba o capitán.

DERBI CONTRA O DEPOR

“Fálase un pouco no vestiario porque ao final sempre se le o que sae na prensa, que se Balaídos, que se Barreiro, que se unha cousa ou outra, pero estamos concentrados no Zamora que é o seguinte partido”, apuntaba.

XOGAR EN BALAÍDOS

“Creo que penso o mesto que o resto, xogar en Balaídos e contra o Depor sempre é especial, é un campo de primeira e dicir outra cousa é mentir porque calquera que estamos aquí quere xogar aí gañemos ou perdamos”.

“Escoitei xente dicindo que nos vén mellor isto pero primeiro imos saír a morte contra o Zamora e despois xa pensaremos no Depor pero preferimos obviamente xogar en Balaídos o derbi”, concluía Pampín.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...