InicioDeportesO Frigoríficos fai oficial a baixa do internacional español Dani Fernández

O Frigoríficos fai oficial a baixa do internacional español Dani Fernández

O extremo esquerdo, de 20 anos, xogará o próximo curso no Stuttgart da Bundesliga.

PUBLICADO O

O Frigoríficos do Morrazo anunciou este martes que o internacional español Dani Fernández non continuará no equipo galego a próxima tempada, despois de rexeitar a oferta de renovación que lle presentou a entidade que preside Alberto González.

“Chegou o momento de despedirse dun xogador que nos namorou desde o primeiro partido. O club tentou seguir contando con el por encima de todo, pero sabemos que o seu futuro non ten teito e seguirá crecendo lonxe de aquí”, destaca o Frigoríficos no seu comunicado.

O extremo esquerdo, de 20 anos, xogará o próximo curso no Stuttgart da Bundesliga, onde se atopará de novo co técnico Roi Sánchez, quen o coñece do seu paso polas categorías inferiores do Barça.

Dani Fernández, que acaba de ser convocado polo seleccionador nacional Jordi Ribeira para disputar o dobre compromiso da Golden League contra Dinamarca e Noruega, chegou ao Gatañal hai dúas tempadas como unha aposta persoal de Nacho Moyano.

A súa primeira campaña en Cangas pechouna con 130 goles (3,82 de media por encontro), ademais de ser elixido mellor extremo esquerdo da liga Asobal 2020-21. No presente curso suma 94 goles en 20 partidos (4,70 de media).

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...