O vindeiro sábado día 21 disputarase un partido internacional no Pavillón Municipal da Cañiza. Ás 19:00 enfrontaranse o Saeplast Bm. Cañiza e a Selección Absoluta de Balonmán Masculina da República Dominicana, que se atopa de xira na nosa Comunidade.
Será unha boa oportunidade de ver a un renovado Saeplast e a unha selección absoluta internacional adestrada por un dos mellores xogadores de balonmán da historia a nivel mundial e Campión do Mundo coa Selección Española no 2005, Rolando Urios.
O resultado final foi 31 a 28 a favor dos americanos. Este partido celebrouse no pavillón de Tui, destinando os 5 euros da entrada integramente aos afectados de Paramos.
