Éxito do Campionato de Balonmán-Praia celebrado en Camposancos

A pasada fin de semana disputouse nas instalacións do Codesal, en Camposancos, o Campionato de Balonmán-Praia Concello da Guarda. Esta competición, que xa fixo escala noutros municipios galegos coma Vigo, Cesantes ou Poio, celebrouse na Guarda dende o venres 13 ata o domingo 15 de xullo, unha oportunidade excepcional para o desfrute deste deporte, que contou coa participación de máis de 600 xogadores federados de clubes de toda Galicia.

O evento estivo organizado polo Concello da Guarda en colaboración con Evento Global e a Federación Galega de Balonmán. Contouse cunhas instalacións con 4 campos de xogo habilitados para poder realizar partidos simultáneos, a dous sets, e onde primaron as acrobacias e trucos para acadar mellores puntuacións, un espectáculo deportivo que contou cunha gran afluencia de persoas.

Os partidos desenvolvéronse nas categorías de Seniors, Xuvenís, Cadetes, Infantís e Alevíns, nas modalidades de Masculino e Feminino e mixtos para a categoría de Alevíns. Na entrega de premios participaron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o Concelleiro de
Deportes, Xavier Crespo, o Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafa Álvarez, e por parte de Verán Deportivo, Antonio Saborido.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here