InicioDeportesAs praias de Nigrán, Cangas, Sanxenxo e Poio acollerán o 'Verán deportivo'

As praias de Nigrán, Cangas, Sanxenxo e Poio acollerán o ‘Verán deportivo’

O evento é patrocinado por vez primeira pola Deputación de Pontevedra.

PUBLICADO O

As praias de Baltar en Sanxenxo, Lourido en Poio, Panxón en Nigrán e Rodeira en Cangas acollerán entre o 10 de xullo e o 15 de agosto o ‘Verán deportivo’ que patrocina por vez primeira a Deputación de Pontevedra.

No acto de presentación deste programa que combina vóley praia, futvoley e tenis praia con iniciativas sociais e ambientais, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, dixo que o seu obxectivo é converter á provincia “nun gran referente dos deportes de praia no conxunto do Estado e de Galicia”.

O ‘Verán Deportivo’ estará aberto a maiores de 16 anos e acollerá dúas competicións: unha para persoas federadas e outra dirixida a deportistas amateurs.

O evento arrincará os días 10 e 11 de xullo con vóley praia en Panxón (Nigrán). Os días 17 e 18 de xullo continuará no areal de Baltar de Sanxenxo con tenis praia e futvoley e, no mesmo espazo pero os días 24 e 25 de xullo, con vóley praia. Os días 31 de xullo e 1 de agosto a praia de Rodeira en Cangas acollerá tenis praia e futboley.

Xa en agosto, os días 7 e 8, terán lugar as competicións de vóley praia en Lourido, Poio. O ‘Verán Deportivo’ finalizará a fin de semana do 14 e 15 de agosto con tenis praia e futvoley tamén en Lourido, Poio.

Ademais das competicións, haberá tamén en cada concello sesións de formación sobre estas disciplinas deportivas para o público infantil, que terán lugar, todas elas, o venres anterior ao comezo das probas.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...