InicioDeportesPablo Dapena proclámase campión mundial de Tríatlon de Longa Distancia

Pablo Dapena proclámase campión mundial de Tríatlon de Longa Distancia

PUBLICADO O

O pontevedrés Pablo Dapena proclamouse esta fin de semana campión do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia no Festival Multideporte que se está a disputar en Fyn (Dinamarca). Dapena terá a oportunidade de revalidar o campionato do Mundo no ITU Multisport Pontevedra 2019, evento do que é embaixador.

Pablo vivira unha semana complicada porque a súa bicicleta non chegara con el a Dinamarca, pero finalmente foi recuperada un día antes de ter que saír á estrada, e o galego puido amosar a súa magnífica preparación para esta proba.

Vitoria de Pablo Dapena/ Federación Galega de Triatlón

Dapena controlou a proba dende o inicio. Na natación saíu na segunda posición e pegado ao primeiro clasificado Marko Albert. E así estes dous deportistas foron en cabeza ata o quilómetro 38 da bicicleta, no que foron cazados por un trío, que despois creceu ata formarse un sexteto.

No quilómetro 90, atacou e marchou en solitario Wild Ruedi, que logrou chegar a segunda transición cuns 38 segundos de distancia sobre este grupo, no que destacaba o noso Pablo Dapena, que dende o inicio da carreira a pé amosou a súa forza.

No quilómetro 4,5 o galego quedou en cabeza e pouco a pouco foi abrindo distancias para chegar a meta en solitario cun tempo final de 05:19:30 nun gran recital do pontevedrés. A segunda posición foi para Wild Ruedi (05:22:13) e Marko Albert logrou o bronce (05:22:27).

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...