InicioDeportesSuspendidas as competicións de ámbito autonómico

Suspendidas as competicións de ámbito autonómico

Os deportistas de ámbito autonómico deberán rexerse polas mesmas regras que os deportistas convencionais.

PUBLICADO O

Consellería de Sanidade decidiu suspender temporalmente as competicións de deporte federado de ámbito autonómico, así como aplicar a estes deportistas nos seus adestramentos os criterios xerais da poboación.

Segundo indicou o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, dada a evolución da covid-19 en Galicia e en base ás recomendacións do comité clínico, quedarán temporalmente suspendidas as competicións deportivas federadas de ámbito autonómico, aínda que se manterán as de ámbito estatal.

En canto aos adestramentos, os deportistas de ámbito autonómico deberán rexerse polas mesmas regras que os deportistas convencionais, con adestramentos individuais ou de grupos dun máximo de catro persoas, e estarán suxeitos tanto ao toque de queda como ás limitacións de mobilidade, alí onde se apliquen.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...