InicioDeportesFavorecerá a Iago Aspas a destitución de Lopetegui na súa loita pola...

Favorecerá a Iago Aspas a destitución de Lopetegui na súa loita pola titularidade?

PUBLICADO O

O dianteiro do Real Club Celta e unha das súas principais iconas, Iago Aspas, está a ser  testemuña directa da destitución da adestrador da selección española de fútbol, Julen Lopetegui, pola súa fichaxe polo Real Madrid, “orfo” trala marcha de Zinedine Zidane.

Barallábanse para o equipo merengue outros nomes, coma o de Guti, pero xa foi desvelada a contratación de Lopetegui, o que precipitou a súa destitución coma adestrador do combinado nacional, sendo sustituído por Hierro.

De tal xeito, Iago Aspas, quen a pesar de encadear boas actuacións e o apoio desde dentro e fóra de Galicia parecía relegado á suplencia e aos últimos minutos, contará con novas oportunidades para demostrar que pode ser o dianteiro titular de España.

O último partido resolveuse grazas a un gol seu, saíndo a falta duns minutos para o pitido final. E o venres 15 ás 20.00 será o primeiro partido oficial do mundial (tras disputar algúns amistosos), contra a Portugal de CR7, sen tempo para que o novo adestrador, Hierro, poida adecuar o equipo á súa visión do xogo.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...